Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cartel de luxo para a festa anual de OdL,

    Valga 2011 - Festa do grupo ODL - cartelO grupo de empresas OdL de Valga está de festas, como cada ano a firma que, entre outras actividades, fabrica escenarios para orquestras, aluga palcos ou traballa con equipos de son, ofrece a súa festa por todo o alto.

    Nesta edición aprovéitase para brindar unha xornada de portas abertas e mostrar ao público as novas instalacións. Pola tarde é tempo para os nenos, e xa pola noite a festa estará servida da man de tres agrupacións musicais de primeira liña.

    A orquestra NORT MUSIC de Portugal, a coñecidísima TRÉBOL de Ferrol e o prestixioso grupo ASSIA, desde Xixón, serán os encargados de levar a festa esta noite ao campo de Campaña, en Valga.

    A música bailable de NORT MUSIC, o repertorio verbeneiro 100% da TRÉBOL, que inclúe temas propios como O Cabalo ou Baila con la Trébol e a proposta especial de ASSIA, que se afasta un pouco do que é unha verbena tradicional e achega temas e arranxos pouco comúns no campo da festa (este ano, por exemplo, inclúen no repertorio un mix cos temas máis coñecidos de The Beatles pero tamén outros éxitos do momento como Danza Kuduro) serán as propostas musicais para esta noite na festa en Valga.

    O dito, un cartel de luxo con propostas musicais moi variadas, o que fai un cartel do máis completo para gozar unha vez máis da festa que nos ofrece o grupo OdL como cada ano.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook