Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cartel de luxo na Torre

    Vilagarcía de Arousa 2011 - Festas de San Miguel A Torre - cartel

    Espectacular cartel das festas da Torre, que celebran o San Miguel con nomes de primeira liña da verbena

    As festas da Torre son moi coñecidas en terras de Vilagarcía e incluso pasando lindes do concello e da propia comarca. A proba está no cartel que, de novo nesta edición, supera a media dos programas festivos con orquestras de primeira liña.

    E é que en primeira liña están todas e cada unha das orquestras que participan nestas festas: PARÍS DE NOIA, GRAN PARADA, PALLADIUM, JERUSALÉN, PANORAMA e MARBELLA. Ademais, por se fose pouco, a cantante LUCÍA PÉREZ actuará na primeira xornada das festas.

    Observando o cartel festeiro da Torre non é de estrañar que a sona destas festas traspasen fronteiras.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook