Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cartel de luxo en Nogueiró

    Cartelle 2013 - Festas de San Xosé en Nogueiró - cartel

    En terras de Cartelle (Ourense) ofrecen unhas festas de San Xosé de primeira liña, como vén sendo habitual. Algunhas das consideradas mellores orquestras do momento pasan polo campo da festa de Nogueiró cada mes de marzo. Nesta ocasión o cartel é case calcado ao doutros anos. OLYMPUS acompañada doutra formación musical será a primeira en ofrecer o seu espectáculo. Aínda que non será en Nogueiró onde se presentará a nova proposta da orquestra baixo o nome de Burlesque, si haberá de seguro novidades e temas novos que a formación musical foi incorporando nas últimas actuacións. PANORAMA e PARÍS DE NOIA serán as encargadas de amenizar a festa do sábado cos repertorios renovados e música para todos os públicos. PALLADIUM encargarase de cerrar o domingo as celebracións do San Xosé que por cadrar a martes se adiantaron á fin de semana.

    Un cartel de luxo que fai as de Nogueiró unhas festas de referencia na zona.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook