Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cartel de luxo en Golmar

    A Laracha 2011 - Festas de Golmar - cartelCompletísimo programa musical para as festas de Golmar

    Falando de festas, os de Golmar son pioneiros en moitas cousas. Unha delas, ser os artífices da creación da primeira federación de comisións de festas en Galicia, para unir esforzos, buscar iniciativas e mellorar a organización das festas; e máis nestes tempos de crise. E falando de crise, tamén foron dos primeiros en levar os prezos baixos ás consumicións do campo da festa para atraer a máis público sen ter que rañar os petos ata o fondo.

    Despois da Festa dos Rixóns, que se levou a cabo hai uns meses na parroquia larachesa, a localidade larachesa de Golmar volve á carga cunha nova edición das súas festas anuais. E se a pasada edición os organizadores recoñecían que había recorte, como en case todos os sitios, este ano, a xulgar polo extraordinario cartel, parece que as de Golmar serán das principais festas do concello.

    A primeira xornada xa tivo lugar o pasado venres, pero é a partir de mañá luns cando se levará a cabo o groso do cartel. A tradicional churrascada do venres deixou tamén a música do grupo MARACAIBO, que volverá a actuar en sesión vermú o vindeiro mércores, último día.

    E antes da primeira xornada festeira con música, o domingo terá lugar o DÍA DO NENO. Pola tarde haberá xogos populares para os máis pequenos da casa e as atraccións instaladas no campo da festa de Lamas (pista de coches de choque, camas elásticas, hinchables...) terán prezos reducidos.

    O luns haberá unha sesión vermú a cargo do grupo MENPHIS; a verbena da noite estará amenizada polas orquestras JERUSALÉN e CANADÁ.

    O martes, tamén día forte, no que repite ao mediodía o grupo MENPHIS, e pola noite, actuación de DANIEL ROLLO e verbena espectacular co grupo CICLÓN.

    E o mércores, para rematar, sesión vermú co grupo MARACAIBO e actuación da orquestra PANORAMA dentro da xira PLANET TOUR 2011. Tamén actuará a formación MELODÍA SHOW, directamente desde Canarias e que será en terras larachesas onde fará a súa primeira actuación galega de 2011. Outra formación para sumar aos ritmos latinos de GRAN CANARIA, ARMONÍA SHOW ou EL COMBO DOMINICANO. A proxección de MELODÍA SHOW está sendo moi grande e prometen ofrecer un gran espectáculo de música e baile.

    Por se fose pouco, e para aqueles aos que lles queden ganas, todos os días haberá unha sesión musical por parte da discoteca Móbil MOVEMENTO.

    A Laracha 2011 - Festas de Golmar- cartel de Melodía Show

    Cerramos a entrada destas festas adiantando o seu éxito e coa frase destes anos pasados: en Golmar saben moi ben como facer boa festa!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook