Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Enero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cariño vai de romaría

    Cariño 2012 - Romaría de San Xiao do Trebo - cartel Todo está preparado en Cariño para ofrecer unha nova edición da romaría de San Xián do Trebo. Unha oferta festeira no formato máis tradicional, festa campestre con música de verbena, pero tamén cunha proposta para os máis novos con música dunha discoteca móbil.

    O grupo ALMA LATINA será o encargado de poñer a música antes da sesión discotequeira. Tamén se oirán sons máis tradicionais de parte do quinteto de gaitas O BARQUEIRO, que se encargará do pasarrúas. E para rematar como manda a tradición, ás 00.00 horas os romeiros baixarán xuntos para continuar a festa no concello.

    E como en toda celebración romeira que se preze, a gastronomía en Cariño pasará por unha degustación de produtos en conserva. Unha opción de festa para esta xornada de sábado.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook