Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Junio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Carballo vive o San Xoán ata o domingo

    orquesta-los-satelites-2010-cartel-web

    Los Satélites cerran o domingo o programa musical en Carballo. As festas rematan o luns co Día do Neno; descontos nas atraccións do parque do San Martiño

    Tal como informamos en Festa a Festa, a localidade coruñesa de Carballo está en plenas festas. A Praza do Concello e o parque do San Martiño son os dous puntos neurálxicos estes días. No primeiro, as verbenas e concertos, no segundo, as atraccións. Ata o vindeiro domingo o programa festivo trae todo tipo de actividades. Esta noite, concerto de TAMARA.

    Copiamos tal cal a noticia tirada da páxina web do Concello.Boas festas do San Xoán!!!

    ________________________________________________________________

    A coñecida cantante Tamara, as Cantareiras de Ardebullo co seu baile e a Festa do Bosque son os actos centrais dunha Semana Grande do San Xoán na que non faltan o tradicional Concurso de Cachelas -con 13 participantes- e o Descenso do Anllóns ou citas deportivas como o Torneo Internacional de Fútbol 7 ou a Carreira Ciclista, entre outras. Despois das verbenas e cachelas dos días 23 e 24, o venres 25 é a actuación de Tamara, que presenta o seu último traballo 'Amores', con 12 cancións compostas polos mellores autores de España e Latinoamérica. É o oitavo disco desta artista sevillana que comezou nun popular concurso de televisión presentado por Bertín Osborne. Dende entón a súa traxectoria non ten parado de medrar, pasando de ser coñecida en Latinoamérica como "a nena prodixio do bolero" a consolidar a súa carreira con temas como "Si nos dejan" ou versionando artistas da calidade de Roberto Carlos con cancións como "El gato que está triste y azul". Na súa única data até o momento en Galicia, a cantante dará o mellor de sí: na Praza do Concello a partires das 00.00 horas. O sábado 26 continúa a festa ás 22.30 horas cunha proposta centrada na verbena, neste caso da man do 'Baile de Ardebullo' e das coñecidas Nucha e Mucha, interpretadas por Xosé Touriñán e Marcos Pereiro. O espectáculo céntrase no baile e as lembranzas das verbenas doutros tempos, todo co humor das Cantareiras de Ardebullo e das mellores cancións das orquestras galegas de sempre. 'El triste papel' 'Papá y mamá', 'La casa de Fernando' o 'Mi tierra gallega' son só algúns dos temas incluídos no repertorio, cheo de sonidos míticos no que tamén hai espazo para o swing de Glenn Miller, os ritmos máis coñecidos de Andrés do Barro ou Los Tamara e o mambo. A Ardebullo Bin Ban Orquestra conta con 12 músicos e a colaboración do mítico Sito Sedes, cantante de Los Satélites. E para animar a festa, desde as 21.00 horas o sábado estarán nas rúas do centro os Correfocs dos Fills de Satanás de L'Spelunca Diabólica, unha exhibición de pirotecnia, música, luz e performances en base aos correfocs, unha tradición cultural catalana.

    E o domingo 27 chega unha das citas máis importantes do San Xoán, a Festa do Bosque. O Bosque do Añón convértese no espazo en que os carballeses e carballesas desfrutan un amplo programa de actividades para todas as idades. Dende a Peña Os Larpeiros, organizadora da cita xunto coa Comisión de Festas, avisan que este ano ás 11.00 horas, pouco antes do comezo da festa, retiraranse todas as cintas que valen o Bosque para reservar espazo. O motivo é evitar os conflitos que se teñen producido outros anos pola delimitación do sitio. Xa no programa de actividades, destaca a sesión Vermú co Dúo Época; a actuación do home orquestra CE Fantasma, para cativos e cativas; pola noite a salsa de La Comandancia; e o peche co grupo carballés Lowcos. Ademais, non hai que esquecer o tradicional Concurso de Postres, ás 16.30 horas, e a 118ª edición do Campionato Mundial de baixada de augas doces de barcos de papel. O peche das festas é ás 00.00 horas, cos fogos de artificio na Agra da Lagoa a cargo de Pirotecnia Rocha. E os más festeiros tamén teñen verbena a partir das 22.30 horas con Los Satélites.

    Os interesados e interesadas en consultar todo o programa de festas ao completo poden premer aquí.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook