Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Carballo ofrece as súas festas máis grandes

    Carballo_2012_-_San_Xoán_-_cartelEn Carballo o San Xoán é a proposta festiva e verbeneira máis destacada do ano

    A localidade de Carballo comeza hoxe un ano máis as súas festas patronais. O San Xoán trae a festa á capital de Bergantiños, oficialmente, ata o día 1 de xullo aínda que o groso do programa se desenvolverá ata o día 25.

    A xornada de hoxe, de inauguración, traerá música de orquestra grazas ao patrocinio das atraccións de feira instaladas na Praza do Concello (casetas) e no parque de San Martiño. Xa non é a primeira vez que os industriais da feira pagan pola súa conta unha xornada con verbena para así alongar un día máis a oferta das atraccións en Carballo. E así será o pregón inaugural a cargo do escritor, actor e dramaturgo Cándido Pazó e a verbena a cargo da orquestra D'TACÓN o máis destacado da xornada.

    atraccion-festas-de-carballo
    Jumanji é unha das atraccións habituais en Carballo

    En canto á música das festas, será a partir do venres e ata o luns cando chegarán a Carballo algúns dos grupos e orquestras de baile máis importantes do momento. O grupo AMÉRICA S.L. e a orquestra TRÉBOL serán os primeiros en ofrecer os seus repertorios o venres 22. O sábado 23 actuarán as orquestras PRINCIPAL e ISRAEL. A xornada do domingo, a máis forte do programa, chegará a Carballo a orquestra coruñesa LOS TROVADORES e terá lugar o concerto deste ano a cargo da eurovisiva PASTORA SOLER. Xa o luns, último día de verbenas, terá lugar a actuación da orquestra LOS SATÉLITES entre os espectáculos pirotécnicos que despedirán as festas de 2012.

    E aínda haberá dous días máis con descontos nas atraccións de feira para todos os nenos. Ademais, o sábado 30 terá lugar a Festa do Bosque e o domingo tamén haberá algunha actividade festiva para despedir definitivamente o San Xoán.

    Destacaremos tamén algunhas outras propostas festivas como o ROCKIN (concerto de rock) que terá lugar o venres no Rego da Balsa (detrás da estación de autobuses vella), o Descenso do Anllóns, concurso de cachelas ou torneos deportivos nun cartel no que se nota especialmente a crise e os recortes en canto a número de actividades programadas. Aínda así o San Xoán carballés segue a brillar con luz propia e atraerá milleiros de visitantes nos próximos días.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook