Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Febrero
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Canadá 2013 xa está a punto para a nova temporada

    Canadá 2013 - orquesta - cartelNova imaxe para a orquestra Canadá. Na parte superior en grande os catro compoñentes da dianteira. Chegan eles (Ricardo Becerra e Iván Gámez) e continúan elas (Rocío Fouz e Patricia Iglesias)

    Terceiro ano para unha formación que apunta alto. A orquestra CANADÁ aparecía na temporada 2011 cun plantel de músicos e unha dianteira potente que, con medios limitados, se fixo un lugar no mundo das orquestras. A pasada temporada levaba a cabo a primeira remodelación con moitos cambios no cadro de compoñentes e continuaba afianzando o proxecto musical. Avanzado o verán o seu escenario sufría un accidente nun campo de festas, que non impediu, con todo, que a formación musical continuase para rematar a temporada contratada.

    Este ano CANADÁ volve máis forte ca nunca. Cambio de oficina -estará representada por Galicia Espectáculo, desde Negreira, acompañando a outras 40 formacións musicais no catálogo da nova axencia liderada por OLYMPUS, de feito algunhas datas de Festas da Xuventude contarán coas dúas bandas-, cambio de escenario e cambios significativos sobre todo na dianteira son as novidades máis destacables para este ano.

    Sen dúbida a máis importante é a chegada de Richi Becerra e Iván Gámez á orquestra. O primeiro, despois dun tempo sen pisar os escenarios das orquestras para levar a cabo un proxecto empresarial diferente, volve aos campos da festa para continuar a súa carreira que deixara aparcada en LA BÁMBOLA. O segundo, peso pesado todos estes anos en CICLÓN, Iván Gámez, é tamén unha incorporación importante para a dianteira da orquestra.

    En canto a elas, Patricia Iglesias renova por segundo ano na banda e Rocío Fouz é xa a única que permanece desde a primeira temporada despois de inaugurar o proxecto con Sanela Ferizovic (hoxe en FILADELFIA).

    Sen dúbida este será o ano do afianzamento de CANADÁ, ou polo menos iso agardamos. Música de todos os estilos para todos os públicos, desde o máis bailable ata o máis actual e moderno. CANADÁ volve pisando forte; xa está todo preparado para ofrecer unha boa temporada.

    Orquesta Canadá 2013 - foto tráilerImaxe do novo escenario rotulado da orquestra

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook