Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Agosto
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Campionato de patronais na área metropolitana coruñesa

    Betanzos 2014 - Festas patronais de San Roque - cartel Orquestras como Alarma Band, Foliada ou Panorama configuran un programa no que a elevación do globo de papel e as Xiras aos Caneiros seguen sendo as citas máis destacadas das patronais de Betanzos

    As festas «urbanas» de María Pita teñen serias competidoras na semana do 15. En Concellos limítrofes coa cidade herculina celebran as festas patronais e algunhas das máis importantes da comarca. Deste xeito, temos que falar das festas máis importantes en OLEIROS, CAMBRE, SADA, A LARACHA e BETANZOS, sen esquecernos dalgunhas outras citas festeiras en parroquias de Culleredo e Arteixo.

    As alfombras florais de Oleiros, onde actuarán orquestras como LOS SATÉLITES; a tradicional sardiñada de Sada e os fogos acuáticos, onde estarán entre outras PANORAMA ou LA OCA cerrando o día 18; as festas patronais de Cambre, con PARÍS DE NOIA ou EL COMBO DOMINICANO entre outras; Betanzos e as súas grandes festas de San Roque, onde destaca sen dúbida o tradicional globo e as Xiras dos Caneiros, e onde pasarán algunhas orquestras como ALARMA BAND, PANORAMA ou FOLIADA e outras festas como as de Celas de Peiro, en Culleredo, onde estarán LOS SATÉLITES ou SOLARA como principais atraccións son o máis destacado na área metropolitana coruñesa para estes días.

    A Laracha 2014 - Festas patronais - cartel

    Xa un pouco máis afastadas, pero na área de influencia A Coruña-Bergantiños, A LARACHA celebra tamén as festas máis grandes do verán coa actuación, entre outras, de formacións orquestrais ben coñecidas como son METRÓPOLIS, CICLÓN, EL COMBO DOMINICANO e NUEVA GENERACIÓN. Cambre 2014 - Festas patronais - cartel Culleredo 2014 - Festas patronais de Celas de Peiro - cartel

    Estes días non hai lugar para o aburrimento e as festas multiplícanse por cada recuncho de Galicia, e a área metropolitana coruñesa non ía ser menos, con festas en cada un dos concellos que a compoñen.

    Sada 2014 - Festas Patronais - cartel

    En Sada, unha gala na que actuarán entre outros David de María ou Karina complementa as actuacións verbeneiras entre as que destaca a aclamada orquestra Panorama (sábado 16)

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook