Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cambre continúa como epicentro festivo na comarca coruñesa

    Cambre 2012 - Festas patronais - cartelCompleto programa musical para as patronais de Cambre, A Coruña

    A localidade de Cambre, a apenas 14 quilómetros da cidade da Coruña, continúa de celebracións. Despois do Festival Brincadeira Rock in Cambre, con grande éxito en todos os aspectos, chegan agora as festas patronais da localidade. Santa María é unha das celebracións máis arraigadas de todo o concello e mesmo da comarca.

    Grupos musicais de diversos estilos para as sesións vermú no Auditorio detrás da igrexa románica e un elenco de orquestras de baile para as noites de festa no campo da feira. LOS SATÉLITES (mércores), CAPITOL (xoves), SUAVECITO (venres), CIUDACRISTAL (sábado) e aínda o domingo a última sesión vermú cun grupo verbeneiro aínda por determinar.

    Aínda que hoxe, día 15, é tamén a xornada sinalada para o Pregón, as festas xa comezaron onte coa actuación do grupo THE REAL MCKENZIES. Coas festas de Santa María a localidade cambresa pon punto e final aos actos organizados para estas case dúas semanas de festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook