Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cambio de táctica en Cabo da Cruz

    Boiro 2011 - Festas do Carme de Cabo de Cruz - cartel

    A localidade boirense de Cabo da Cruz é o epicentro festeiro do concello esta fin de semana. Se hai apenas dez días remataban as Festas do Verán de Boiro e a fin de semana pasada eran as patronais de Abanqueiro, agora tócalle a Cabo da Cruz, competindo coa vila ribeirense de Aguiño.

    E en Cabo da Cruz hai este ano un cambio de táctica para intentar acoller maior número de público. Tradicionalmente víñase celebrando nesta parroquia de Boiro un día grande coa participación de dúas orquestras consideradas das mellores de Galicia e un segundo día con boas orquestras pero máis modestas. Esta edición a táctica é repartir as catro orquestras en dous días de xeito que a "grande" vaia acompañada doutra máis barata. De modo que esta vez en lugar de ver a PARÍS DE NOIA con OLYMPUS toca PARÍS DE NOIA con NUEVA GENERACIÓN e OLYMPUS con HIROSHIMA.

    As festas de Cabo de Cruz son popularmente das máis concorridas do concello de Boiro. OLYMPUS fará un espectacular fin de festas acompañada de HIROSHIMA para a noite do Carme.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook