Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Camariñas: encaixe e festa

    camarinas-festa-da-virxe-do-monte-cartel1A Mostra do Encaixe de Camariñas é un dos principais eventos da Costa da Morte pero non o único, nin moito menos. Na terra do encaixe, en Camariñas, tamén hai festa popular e gastronómica estes días.

    A festa da Virxe do Monte traerá boa música durante tres días, o complemento ideal á feira do encaixe. De sábado a luns levarase a cabo unha nova edición da xa tradicional cita. Ademais, como apertura das festas terá lugar a II Festa da Zorza amenizada polo grupo SAMBA e a orquestra OLYMPUS. A celebración remata o luns co grupo TRIUNFO. O domingo a festa estará amenizada pola orquestra feminina ESTRELLAMAR.

    Camariñas será estes días un fervedoiro de xente que acudirá á Mostra e á festa. Só faltará que o tempo acompañe...

    camarinas-festa-da-zorza-2010-cartel1

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook