Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Camariñas de festa en festa

    Orquesta Galilea 2010 - cartel

    A orquestra estradense Galilea será unha das sete formacións musicais que pasarán por Camariñas durante as festas patronais que comezan mañá xoves

    Aínda non ben saíron dunha festa e xa teñen outra ás portas. Os veciños de Camariñas prepáranse para unha nova celebración.

    Despois da festa da Virxe do Monte con exaltación da zorza incluída, en Camariñas xa hai preparada unha nova convocatoria festiva, e por se fosen poucos días, desta volta serán catro as xornadas de festa na praza de San Xurxo, en Buría.

    Sete formacións musicais serán as encargadas de amenizar as festas. O primeiro día o grupo OCÉANO e a considerada orquestra revelación do ano, ACHÉ. Estas dúas formacións farán a primeira festa de vésperas mañá xoves.

    O venres é o día propio do patrón, e nesta ocasión serán o grupo CICLÓN e a orquestra rianxeira ABANICO os que levarán adiante a verbena.

    O sábado hai festa de novo, as orquestras GALILEA da Estrada e MARBELLA de Pontevedra son as encargadas do baile.

    E o domingo é o día dedicado aos emigrantes e, como di o cartel anunciador, "a todas aquelas persoas que non puideron disfrutar dos días de festa". O grupo MASTER, que volve á actualidade festeira tal como anunciamos en Festa a Festa, será o encargado de poñer a guinda das celebracións en Camariñas.

    Neste concello mariñeiro, famoso ademais polo seu encaixe, non andan con bromas á hora de organizar unhas festas. Tiñan contratada a orquestra PANORAMA pero ao final non puido ser por cuestións de medidas. Había problemas para poder instalar o novo escenario da orquestra e houbo que recorrer a outra formación da axencia.

    En xullo, cando menos, volveremos falar das festas de Camariñas para anunciar outras grandes, as do Carme, de sona en toda a comarca polo espectacular cartel ao que nos teñen acostumados.

    PROGRAMA DE ORQUESTRAS EN CAMARIÑAS

    XOVES 22.- OCÉANO e ACHÉ

    VENRES 23.- CICLÓN e ABANICO

    SÁBADO 24.- GALILEA e MARBELLA

    DOMINGO 25.- MASTER

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook