Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Caldas de Reis tamén recorta

    Jerusalén 2012 - orquesta - cartelA orquestra Jerusalén e o grupo Acuarela foron os encargados de abrir as festas patronais en Caldas de Reis

    A localidade pontevedresa de Caldas de Reis tampouco se salva dos recortes no apartado de festas. Unhas patronais moi potentes nestas últimas edicións sofren recorte nos días de actuación, eliminación de concertos e menor número de orquestras participantes nun cartel famoso en toda a comarca.

    A pasada noite foron a orquestra JERUSALÉN e o grupo ACUARELA os encargados de abrir as festas. Ademais houbo unha actuación, a única este ano fóra das verbenas, charangas e sesións vermú: COYOTE DAX.

    Na próxima noite actuarán o grupo SAMBA e a orquestra MANILA, o venres MAGOS DE ESPAÑA e o grupo MIDAS e o sábado, será a orquestra PANORAMA, en solitario, a que poñerá o broche final no día do famoso combate naval.

    Pasarrúas, charangas e bandas de música completan o programa "recortado" de Caldas de Reis 2012.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook