Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Buscando a metade de Caramelo

    Caramelo 2011 - dúo - cartelDúo de referencia na zona de Ferrolterra; CARAMELO afronta un cambio importante de cara á nova temporada. E é que con que unha persoa cause baixa nun dúo, o cambio afecta de xeito importante porque se trata da metade da formación musical.

    A cantante de CARAMELO, dúo formado ata este momento por Jorge Vázquez e Sandra Buza, causa baixa na formación musical por maternidade. A vocalista levaba en CARAMELO nada menos que cinco anos, e cunha longa experiencia no mundo das orquestras, pois formou parte dalgunhas agrupacións como IBIZA ou LOS CAPRIS, e doutras en activo como PANAMÁ e NOVA PALMA.

    Para cubrir o oco deixado por Sandra en CARAMELO, búscase nova vocalista para incorporarse ao traballo en decembro, e é imprescindible que teña experiencia para poder montar o repertorio de forma máis fácil. CARAMELO é un dúo que traballa unha media de 10 días ao mes (120 datas anuais).

    O teléfono de contacto para as interesadas: 670034622

    CARAMELO presentará en decembro nova cara feminina. Moita sorte para a nova temporada!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook