Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Enero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Budiño: festa multiplicada por dez

    Orquesta Philadelphia 2009 0010 Festa da Luz.JPGA orquestra Philadelphia é unha das dez formacións musicais que actuará ata o mércores día 3 en Budiño (O Porriño). Na fotogafía, en primeiro plano, David Balboa, un dos vocalista da orquestra / foto © roxegar

    A localidade de Budiño, no concello do Porriño, celebra unhas das festas máis importantes, polo menos no que se refire a cartel de actuacións, xa que durante cinco días de festa pasarán por esta parroquia dez formacións musicais da oficina de espectáculos Lito, todas elas moi coñecidas polo público galego xa que son habituais en calquera recanto de Galicia.

    As festas xa comezaron onte coa actuación das orquestras MARBELLA e CHARLESTON BIG BAND. Prosegue hoxe o programa con outras dúas boas formacións musicais, MIRAMAR e ABANICO. Mañá luns actuarán a orquestra PHILADELPHIA e o grupo LA OCA; OLYMPUS e GRAN PARADA serán as encargadas da verbena do martes e, para rematar, COSTA OESTE e a gran SINTONÍA DE VIGO poñerán o broche final na noite do mércores.

    Ata o mércores día 3 de febreiro a festa ten nome propio: Budiño.

    PROGRAMA DE ORQUESTRAS BUDIÑO 2010 SÁBADO 30 .- MARBELLA e CHARLESTON BIG BAND DOMINGO 31.- MIRAMAR e ABANICO LUNS 1.- LA OCA e PHILADELPHIA MARTES 2.- OLYMPUS e GRAN PARADA MÉRCORES 3.- COSTA OESTE e SINTONÍA DE VIGO

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook