Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Bruno MTC causa baixa en D'Moda

    Grupo D'Moda 2011 - Foto Bruno MTC

    Bruno MTC, dianteira do grupo D'Moda 2011 xunto con Maythe Leiva e Rubén Quintela / © Efectos fotográficos: roxegar 2011

    O grupo D'MODA, formación musical de Valga representada pola oficina de espectáculos Alfa3, acometerá para a próxima temporada cambios no elenco de músicos e cantantes. Se hai uns días informabamos de que Lourdes Jardón ocuparía o lugar de Maythe Leiva, hoxe confirmamos a marcha doutro cantante, neste caso de Bruno MTC.

    O artista, que xa formou parte doutras formacións musicais como LOS ESTELARES ou TORNADO antes de aterrar en D'MODA, estudará as ofertas que lle poidan xurdir de cara á nova temporada 2012.

    E non será, posiblemente, o último cambio en D'MODA; e é que a temporada 2012 se presenta con moitos movementos na maioría das formacións musicais e tamén no grupo de Valga, que cerrará o próximo mes unha temporada exitosa que o converte nun dos principais grupos verbeneiros do momento, cun repertorio moi completo e onde a posta en escena desempeña un papel moi importante.

    Grupo D'Moda 2011 - Foto Bruno MTCEn D'Moda, a posta en escena diferente e o repertorio para todos os públicos son as dúas bazas máis importantes. Na foto Bruno MTC realizando un exercicio de teas

    Grupo D'Moda 2011 - Foto Maythe Leiva-Bruno MTC

    Os cantantes de D'Moda Maythe Leiva e Bruno MTC non estarán na próxima temporada na formación musical

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook