Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Breixa Band lanza o club de fans

    Breixa Band 2012 - orquestra - cartelDe moi pouco nos pode soar o nome da orquestra BREIXA BAND porque é nova desta temporada. A flamante formación musical leva apenas mes e pico de existencia cara ao público e a acollida está sendo moi boa. Desde Lugo, onde se estreou a temporada, a orquestra BREIXA BAND promete un ano cheo de boa música e baile, e moitas sorpresas.

    A primeira delas xa está aquí e ten que ver cos seguidores da banda. Haberá un club de fans para todos aqueles que queiran seguir a orquestra polas festas de Galicia. Para iso emitiranse uns carnés acreditativos.

    Para formar parte do club unicamente hai que enviar os datos persoais acompañados dunha foto tamaño carné ao correo da orquestra: breixa-band@hotmail.com

    Pronto poderemos coñecer máis detalles de todo o que BREIXA BAND está preparando para esta temporada. Polo momento as dúas primeiras actuacións da banda foron cualificadas de rotundo éxito por parte da orquestra. E isto é só o principio...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook