Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Boiro, referencia festeira do Barbanza

    Autos de choque 2004A pista de autos de choque da imaxe leva indo ás festas de Boiro desde que a avenida da Constitución estaba sen urbanizar no seu lado dereito. A foto é do ano 2004. O recinto de atraccións de Boiro é dos máis importantes de Galicia / © Foto: roxegar 2004

    A localidade de Boiro está de festas durante os próximos seis días. Xa o pasado domingo houbo algún acto, sobre todo relixioso, anunciando o que hoxe comeza, unhas das mellores festas da comarca do Barbanza no mes de xullo e un recinto de atraccións de feira dos máis importantes de Galicia onde incluso se poden ver algunhas repetidas.

    A avenida da Constitución, en varios tramos, acolle as atraccións de feira que cambian a fisionomía de Boiro durante unha semana. O número de atraccións é tan importante que hai que acondicionar un recinto bastante grande no polígono industrial para acoller as casas rodantes e tráilers dos traballadores da feira. Atraccións de maiores, moitas infantís e un sinfín de casetas de tiro e tómbolas alegran as festas de Boiro estes días. Postos de venda dispostos pola rúa peonil con mercancía do máis variado complementan un programa extenso de actividades festivas, culturais e musicais.

    E as verbenas en Boiro, en plena praza de Galicia, diante da Casa do Concello, volven a ser o que eran despois de varios anos de baixón. Xa o ano pasado se intentou endereitar o programa musical boirés que este ano camiña pola mesma dirección: contar con algunhas das consideradas orquestras máis importantes de Galicia (a maioría delas actúan en Boiro e Coia estes días). TAMBO e a ORQUESTRA DA TELEVISIÓN NORDÉS estarán actuando nestes momentos abrindo as celebracións máis importantes da localidade; mañá actuarán LATINO e ALKÁZAR; o domingo é a vez de MANILA e a orquestra JERUSALÉN (ese mesmo día saca á venda o seu novo traballo discográfico para conmemorar o X aniversario da formación musical); GRAN PARADA e PALLADIUM actuarán o luns; PARÍS DE NOIA e EL COMBO DOMINICANO estarán por Boiro o martes, e COSTA OESTE co seu BOXING TOUR 2012 e PANORAMA co seu MAGIG TOUR 2012 cerrarán as festas no que promete ser unha noite moi concorrida.

    Boiro 2012 - Festas do Verán - cartelPodes consultar o programa oficial das Festas do Verán de Boiro para coñecer todos os actos que se desenvolverán durante os seis días de celebración

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook