Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Boiro 2011, primeira gran cita festeira do Barbanza

    Orquesta París de Noia 2011 - 007 - Abanqueiro (Boiro)A orquestra París de Noia estará nas festas de Boiro xunto con outras grandes formacións musicais que pasarán pola vila ata o mércores 6 de xullo / © Foto: roxegar 2011

    A localidade de Boiro xa está inmersa nas súas Festas do verán, unha das principais citas festeiras do Barbanza que rivaliza con outras como as de Ribeira, o Nazareno da Pobra ou a Guadalupe de Rianxo. Todas elas, en maior ou menor medida, atraen a miles de visitantes incluso desde outras zonas de Galicia. A primeira delas xa está aquí, despois virán as ribeirenses (do 03 ao 07 de agosto) e o Nazareno e a Guadalupe en setembro. Entre estas datas haberá ducias de festas nas distintas parroquias dos concellos que conforman o Barbanza así como outras grandes festas como a Dorna de Ribeira ou o Carme dos Pincheiros da Pobra do Caramiñal. En canto ás festas nas parroquias só a modo de exemplo mencionaremos o Carme de Aguiño (Ribeira) e outras citas no concello como Corrubedo ou Palmeira. En Boiro temos que falar das de Cabo de Cruz e en Rianxo, entre outras moitas, as de Taragoña. E é que o Barbanza arde en festas todo o verán...

    Pois como dicimos, a primeira gran cita coa festa está en Boiro. Programa completo e cheo de actividades e dous cambios importantes: a oficina de contratación de orquestras e a localización das atraccións de feira. A primeira delas repercute sobre os nomes das formacións musicais que amenizarán as festas de Boiro. Despois dun par de anos a oficina de Espectáculos Lito volve facerse con estas importantes festas que traerán á localidade orquestras como JERUSALÉN, PARÍS DE NOIA, ABANICO, COSTA OESTE, CHARLESTON BIG BAND, PANORAMA..., e a segunda afecta ás atraccións de feira que despois de estrear localización o ano pasado, esta edición volven á avenida da Constitución, en pleno centro de Boiro e provocando problemas de tráfico nunha das arterias máis importantes da vila.

    O recinto feiral de Boiro é un dos máis importantes de Galicia polo número de atraccións e a calidade destas, mermada nos últimos anos porque algunhas das grandes atraccións procedentes, sobre todo, da Comunidade Valenciana non veñen xa ás nosas festas porque en contextos de crise non lles resulta rendible mover as atraccións desde o punto de orixe. Aínda así o de Boiro segue a ser un dos máis importantes competindo co San Froilán de Lugo (quizais o máis importante), Coia, Ribeira, O Burgo (Culleredo) ou a Peregrina de Pontevedra.

    Pois en Boiro, outro ano máis, das mellores atraccións e orquestras para ofrecer unhas festas máis que dignas nos tempos que corren, e cheas de actividades que completan un extenso programa que ofrecemos en Festa a Festa.

    Media_httpfarm6static_wyjtl
    Media_httpfarm6static_uoxcw
    Media_httpfarm4static_tjgff
    Media_httpfarm6static_bkvsi
    Media_httpfarm6static_dkiek
    Media_httpfarm4static_eakgt
    Media_httpfarm6static_gdcdv

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook