Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Febrero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Boa combinación en Vilarrodís

    Orquesta Alarma 2009 0021 Vilaboa

    A orquestra Alarma amenizou o san Brais en Vilarrodís (Arteixo) / © Foto: roxegar 2009

    O pasado sábado en Vilarrodís (Arteixo) tivo lugar un ano máis a festa de san Brais, e as baixas temperaturas non impediron que moitos veciños e visitantes se achegasen ao campo da festa para dar conta das racións dun produto galego 100%: o mexillón. Por segundo ano consecutivo en Vilarrodís celébrase o san Brais cunha gran mexilloada. E para amenizar a festa contouse cunha orquestra coruñesa que cada ano vai a máis: ALARMA.

    Os veciños de Vilarrodís quentan motores con esta cita invernal para acoller da mellor forma posible as festas patronais que teñen lugar na segunda fin de semana de xullo. Catro ou incluso cinco días de festa rachada con algunhas das mellores orquestras do momento. Estaremos atentos ao programa de Vilarrodís 2011, como non podía ser doutro xeito.

    Arteixo 2011 - Vilarrodís San Brais cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook