Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Betanzos regresa ao medievo

    Betanzos 2011 - Feira Franca Medieval - cartelLuis Galán é o autor do cartel promocional da Feira Franca Medieval 2011 en Betanzos

    A localidade de Betanzos acolle esta fin de semana unha nova edición da Feira Franca Medieval da Cidade dos Cabaleiros. De novo, a festa medieval convértese no evento destas características máis completo e con maior sona da comarca.

    Os postos que acollerán multitude de actividades que teñen que ver co mundo medieval ocupan a totalidade da zona vella betanceira e dedicaranse especialmente á artesanía e mais á alimentación.

    Tamén haberá unha zona de xogos infantís, espectáculos de animación de rúa, música, teatro e malabares.

    O programa preparado para este ano, malia a crise, contén máis actividades que na edición de 2009, seguindo a proxección que se empezara na pasada edición, e estas están dedicadas a todos os públicos. Betanzos volve por uns días á época medieval e lembra a súa etapa de dominio sobre a zona. E é que a Cidade dos Cabaleiros chegou a ser capital de provincia en Galicia.

    Estes días a importancia da cidade verase reflectida na súa Feira Franca.

    PROGRAMA COMPLETO
    VENRES 8 DE XULLO
    14:00 h Fin da colocación das paradas.
    18:00 h Os artesáns chegados de todos os lugares de España, abren as paradas ateigadas de mercadorías para ofrecer o mellor das súas terras as persoas que queiran mercar ou observar os seus produtos.
    18:00 h Comezan a percorrer a Feira os pasarrúas de música, cómicos e malabares.
    18:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón de Claudino Pita e na praza dos Irmáns García Naveira.
    20:30 h Aldrabada e repenique de campás.
    21:00 h O señor de Andrade honra a todos os seus vasalos coa chegada a esta Real Cidade e solicitarlle ao ilustrísimo señor rexedor a apertura da FEIRA FRANCA. Ante este anuncio as mozas mouras liberadas polas hostes do señor de Andrade, ofrecerán unha danza. Seguidamente os nobres e campesiños presentarán as súas queixas e pedimentos ao señor de Andrade por medio do notario Xoán Branco. Ao remate das peticións e ofrecementos as mozas de Cidade ofrecerán unha danza campesiña. Deseguido lerá o pregón don Xabier López López e a continuación o ilustrísimo señor rexedor da Cidade de Betanzos abrirá a XIV FEIRA FRANCA MEDIEVAL.
    22:45 h Rememoración do incendio da Cidade no ano de Deus de1569, co salvamento de bocois de viño. Esta escena será representada na Rúa Travesa polos membros da Asociación Cultural e de Medio Ambiente ALBOIO.
    24:00 h Na Praza da Constitución o Grupo de Teatro LA RECUA, representará o espectáculo de lume A SANTA COMPAÑA.
    Durante toda a tarde haberá espectáculos de malabarismo, música, teatro, etc. Actuarán por toda a FEIRA o grupo de música ACIBREIRA, o grupo de Teatro LA RECUA co espectáculo EL VIEJO CELOSO e EL MONJE BORRACHO SEDUCIDO POR LOS SÚCUBOS, o grupo de teatro LA COMEDIA ANDANTE co espectáculo EL AFILADOR DE LOS CUENTOS, e o grupo de teatro VOLTA E DÁLLE co espectáculo PECATA MINUTA e os xogos malabares de COTE. Ao longo de toda a tarde haberá exhibición de tiro con arco e cetraría na Praza de Santa María. RECUNCHO INFANTIL: No Cantón Claudino Pita e na Praza dos Irmáns García Naveira, dende as 18:00 h ata as 22:00 h estarán dispoñibles o RECUNCHO INFANTIL con obradoiros e xogos populares para nenos e nenas, co mesmo horario, funcionarán o TIO VIVO, a GARDARÍA e a CARAVANA DE BURRIÑOS.
    SÁBADO 9 DE XULLO
    10:30 h Repenique de campás e apertura das paradas.
    11:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón de Claudino Pita e na Praza dos Irmáns García Naveira
    11:30 h Comezan a percorrer a Feira os pasarrúas de música, cómicos, malabares e dragón de lume.
    13:00 h Na Praza da Constitución, chegada dos mouros ao mando de Yussuf Hammar para esixir a Cidade de Betanzos as doncelas que ten que entregar ao califa de Córdoba. Un pai campesiño ofrecerá a Yussuf Hammar todo o seu patrimonio a cambio de que deixe libre a súa filla e ante a negativa de Yussuf, prefire matala. Entón a veciñanza de Betanzos érguese en armas contra dos mouros e despois dunha fera loita conseguen derrotalos e liberar as doncelas. As mozas mouras que acompañan a Yussuf deleitaranos cunhas fermosas danzas mouras.
    17:00 h Apertura das paradas.
    17:30 h Comezan a percorrer a Feira os pasarrúas de música, cómicos, malabares e dragón de lume.
    18:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón Claudino Pita e na Praza do Irmáns García Naveira.
    19:00 h Actuación do grupo Azougue da Escola Municipal de Folclore de Betanzos e danza campesiña polas mozas colaboradoras da organización. Ao remate da danza dará comezo a Revolución Irmandiña coa proclama do mercador Afonso de Carballido.
    24:00 h Na Praza da Constitución, espectáculo de pirotecnia, zancudos, lume e Aquelarre por conta do grupo de teatro LA RECUA, coa recreación dos demos da noite de bruxas.
    Durante todo o día haberá espectáculos de malabarismo, música, teatro, etc. Actuarán por toda a FEIRA os músicos de ACIBREIRA, zancudos e cómicos do grupo de teatro LA RECUA cos espectáculos BUFONADAS, LOS DESTEMPLARIOS EN BUSCA DE... ¿QUE? ROMANCE DEL LUTHIER Y LA DONCELLA DE MADERA E LOS EJEMPLOS DEL CONDE LUCANOR, o grupo de teatro LA COMEDIA ANDANTE co espectáculo EL AFILADOR DE LOS CUENTOS, o grupo de teatro VOLTA E DÁLLE co espectáculo PECATA MINUTA, o dragón de lume de TOPO ARTMONIUM e os xogos malabares de COTE. Ao longo de todo o día haberá exhibición de tiro con arco e cetraría na Praza de Santa María. RECUNCHO INFANTIL No Cantón Claudino Pita e na Praza dos Irmáns García Naveira, dende as 11:00 h ata as 14:00 h e das 18:00 h ata as 22:00 h, estarán dispoñibles o RECUNCHO INFANTIL con obradoiros e xogos populares para nenos e nenas, co mesmo horario, funcionará, a GARDARÍA, a NORIA e a CARAVANA DE BURRIÑOS.
    DOMINGO 10 DE XULLO
    10:30 h Repenique de campás e apertura das paradas.
    11:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón Claudino Pita e Praza dos Irmáns García Naveira.
    11:30 h Comezan a percorrer a Feira os pasarrúas de música, cómicos, malabares e dragón de lume.
    12:00 h Na Praza da Constitución xogos populares e tradicionais para nenos e nenas por conta dos membros da Cruz Vermella de Betanzos.
    13:30 h Escena da expulsión dos leprosos que desenvolverán as xentes colaboradoras da organización, e que rememora un feito histórico da Cidade.
    17:00 h Apertura das paradas.
    17:30 h Comezan a percorrer a Feira os pasarrúas de música, cómicos,malabares e dragón de lume.
    18:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL no Cantón de Claudino Pita e Praza dos Irmáns García Naveira.
    19:30 h Torneo Medieval a cabalo na Praza dos Irmáns García Naveira con exhibición dos cabaleiros ademais de cetraría e tiro con arco. Espectáculo de danza polas mozas colaboradoras da organización.
    22:30 h Na Praza da Constitución o grupo de teatro LA RECUA representará o espectáculo de lume A SANTA COMPAÑA.
    23:30 h Na Praza da Constitución, as mozas colaboradoras da organización, para finalizar a XIV Feira Franca Medieval, deleitaranos cunha danza moura que fará as delicias dos asistentes.
    24:00 h Fogos artificiais e peche da XIV Feira Franca Medieval de Betanzos.
    Durante todo o día haberá espectáculos de malabarismo, música, teatro, etc. Actuarán por toda a Feira os músicos de ACIBREIRA, zancudos e cómicos do grupo de teatro LA RECUA cos espectáculos LA ORDEN DE LOS DESTEMPLARIOS, LA TROUPE DE LOS BEATOS, EL VIEJO CELOSO e EL MONJE BORRACHO SEDUCIDO POR LOS SÚCUBOS, o grupo de teatro LA COMEDIA ANDANTE co espectáculo EL AFILADOR DE LOS CUENTOS, o grupo de teatro VOLTA E DÁLLE co espectáculo PECATA MINUTA, o HEROE MITOLÓXICO "FAUNO" e os xogos malabares de COTE. Ao longo de todo o día haberá exhibición de tiro con arco e cetraría na Praza de Santa María. RECUNCHO INFANTIL No Cantón Claudino Pita e na Praza dos Irmáns García Naveira, dende as 11:00 h ata as 14:00 h e das 18:00 h ata as 22:00 h, estarán dispoñibles no RECUNCHO INFANTIL os obradoiros e xogos populares para nenos e nenas e, co mesmo horario, funcionará a GARDARÍA, a NORIA e a CARAVANA DE BURRIÑOS.
    Ata o ano que vén! Que sexades moi ditosos!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook