Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Benvid@ á Festa da Xuventude!

    Oroso 2014 - Día da Xuventude en Sigüeiro - cartel

    Semana clave neste tipo de celebracións. As Festas da Xuventude multiplícanse estes días aproveitando o tirón da Semana Santa. Moitas son as localidades onde terán lugar este tipo de eventos e recollemos aquí unhas poucas, algunhas das cales son xa toda unha referencia no calendario festeiro galego, mais seguro que nos quedou algunha sen poñer. Xunto coas celebracións da Pascua (Padrón ou Fisterra entre elas) as Festas da Xuventude poñen no calendario de citas a marca de "ocupado".

    En Bembibre (Val do Dubra) xa van pola 6º edición da Festa da Xuventude. Será na noite de mércores coa PANORAMA e varios DJ. Mentres, en Iria Flavia (Padrón) estréanse coas orquestras CHARLESTON BIG BAND e MARBELLA (esta festa fora suspendida por mal tempo hai un par de semanas), tamén o mércores será esta cita padronesa que servirá a bo seguro para abrir boca para a Pascua onde, por certo volverán estar estas dúas orquestras.

    Antas de Ulla 2014 - IV Festa da Xuventude - cartel

    Na 4ª Festa da Xuventude, tamén o mércores, de Antas de Ulla poderán gozar de dúas orquestras que xa non son novatas nesta festa: FILADELFIA e PARÍS DE NOIA amenizarán a celebración na Praza Nova da localidade.

    En Santa Mariña (Pereiras-Mos) tamén gozarán da Festa da Xuventude con DJ do momento, como véspera á festa que terán o sábado con dúas formacións musicais: ACHÉ e TRIUNFO.

    Irixoa 2014 - Macrofesta en Ambroa - cartel

    Unha das orquestras máis demandada estes días será OLYMPUS, que estará en varias festas da xuventude: Mércores en Ambroa (Irixoa) con varios DJ e acompañada pola orquestra ISMAEL; o xoves 17 en Sigüeiro-Oroso, onde proximamente celebrarán a Festa da Troita, acompañada pola portuguesa FUNÇAO PÚBLIKA; o venres 18 en Boqueixón con DJ Manu López e a orquestra CANADÁ.

    Arzúa 2014 - III Festa da Xuventude en Dombodán - cartel

    En Dombodán tamén celebran a súa festa dedicada aos máis novos con PARÍS DE NOIA, que xa pasou por terras de Arzúa en varias ocasións. Será o venres, igual que en Malpica, onde se presenta o grupo METRÓPOLIS con moitas novidades e novo repertorio e onde, tamén, estará a dianteira de EL COMBO DOMINICANO abrindo boca para unha espectacular temporada galega que comezará en maio.

    Malpica 2014 - Festa da Xuventude - cartel

    Para rematar, en Armenteira (Meis) o domingo celebrarán a súa XII edición con varios grupos rock, como véspera á Romaría da Virxe das Cabezas e ás festas da Virxe das Dores a seguinte fin de semana.

    De seguro que aínda hai máis Festas da Xuventude e outras como a Pascua, o San Telmo de Tui e algunhas outras das que daremos conta estes días e que podes consultar na nosa AXENDA do blog. Boa Festa e boa Pascua!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook