Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Agosto
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Beatriz Loureiro di adeus a Palladium despois de 10 anos

    Orquesta Palladium - 2010 - 002 - Vilalonga

    A cantante Beatriz Loureiro cambia de aires de cara a 2014. Se a pasada temporada era Fátima Pego a que se despedía das filas da orquestra de Vilalonga, esta vez é a que fora tantos anos compañeira na dianteira de, primeiro, SUAVECITO, e despois o nome actual da formación musical, PALLADIUM.

    Foron dez anos nos que a vocalista aprendeu moitísimo como profesional e non quere perder a oportunidade de agradecérllelo aos seus compañeiros e xefe, mais agora cre que chegou o momento de cambiar de rumbo e seguir traballando desde outro escenario (non trascendeu cal). Na vindeira temporada veremos a Bea noutra formación musical.

    2014 vai vir cargado de cambios nas formacións musicais verbeneiras. Os primeiros xa se están dando a coñecer estes días, e isto non fixo máis que empezar.

    Moita sorte a Beatriz Loureiro nos seus novos proxectos!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook