Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Agosto
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Beatriz Loureiro, baixa en Trovadores 2015

    Orquesta Palladium - 2010 - 002 - VilalongaFoto de Beatriz Loureiro na orquestra Palladium. A vocalista non formará parte de Trovadores na próxima temporada, orquestra pola que fichou en 2014

    A orquestra TROVADORES non poderá contar na próxima temporada coa voz de Beatriz Loureiro. Así o acaba de comunicar a Festa a Festa a propia cantante despois de pasar o ecuador do verán na orquestra coruñesa.

    Unha etapa na que a vocalista di sentirse moi a gusto desde o primeiro día e na que afirma ter gozado cada noite da súa profesión. A partir de agora é momento de empezar a valorar as diferentes opcións que poida ter de cara á próxima temporada 2015, di a ex BRUJAS, SUAVECITO e PALLADIUM, e afrontar novos retos profesionais que lle permitan seguir gozando do seu traballo como ata agora.

    Continúa así o goteo de baixas de cara á vindeira temporada 2015 que promete ser movida en canto a altas e baixas nas formacións musicais. Seguiremos informando...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook