Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Barro resístese á festa

    Barro 2011 - III Festa da Xuventude - cartel

    As dúas grandes celebracións de Barro: a Festa do Viño e a Romaría de San Breixo, con espectaculares actuacións musicais, parece que non chegan para a xente desta zona festeira de Galicia. Desde hai tres temporadas, despois de celebrar a popular romaría e no mesmo campo da festa lévase a cabo a Festa da Xuventude, que este ano trae ao grupo CICLÓN acompañado da PARÍS DE NOIA.

    Pero, aínda por se non abondase, mañá haberá outra xornada de festa, non é da xuventude, nin patronal, nin gastronómica. É unha festa baixo o título de A Verbena, que traerá a actuación de PALLADIUM e da orquestra TV NORDÉS.

    Polo que se ve, o campo da festa do San Breixo resístese a gardar as celebracións ata o ano que vén, pero esta vez si son as últimas.

    Barro 2011 - A verbena - cartel

    ____________________________________________________

    O grupo CICLÓN trae novidades para a noite da festa en Barro. Por algunha pequena complicación sen revestir perigo polo seu estado de embarazo, Noelia García non estará na dianteira do grupo compostelán. Tampouco estará nas próximas datas de CICLÓN. A súa substituta será Ruth Núñez ata que Noelia volva aparecer para as últimas festas da temporada.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook