Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Baile, festas de fans e novos espectáculos en terras de Cartelle

    Cartelle 2012 - Festas de San Xosé en Nogueiró - cartelComa en cada ano por estas datas, anunciamos unha das festas que parece que cada ano vai a máis. Falamos do San Xosé en Nogueiró (Cartelle), na provincia de Ourense. Durante tres días estará montada a festa neste lugar, e que festa! Tres orquestras de nivel para cada un dos días de celebración e un dos grupos de referencia na verbena galega.

    COSTA OESTE será a primeira das orquestras que pasará por Nogueiró, e estará acompañada por unha discoteca móbil. D'MODA e a orquestra OLYMPUS (inusual combinación) farán o propio o sábado, e a orquestra PANORAMA, acabada de saír da casa co novo espectáculo, será a encargada de cerrar as festas en 2012.

    Olympus 2012 - orquesta - cartelE a orquestra OLYMPUS aproveitará este sábado para celebrar a Primeira Festa de Fans 2012. Acontecemento que fará que se encha o campo de panos e camisetas vermellas, as Festas de Fans de OLYMPUS enchen en cada convocatoria os campos de festa, non en van é unha das que máis seguidores teñen por toda Galicia.

    E así este ano en Nogueiró o San Xosé será, se cabe, máis especial. Festa de Fans de OLYMPUS, espectáculo do trinque de PANORAMA e novidades nos repertorios en D'MODA e COSTA OESTE. Que máis se pode pedir?

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook