Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Baila coa Trébol e con Martín Carrión

    Orquesta Alarma 2011 - foto cantantes

    Aínda na orquestra Alarma, Martín Carrión, primeiro pola esquerda, é unha das novas fichaxes da orquestra Trébol para 2012. Na foto, dianteira de Alarma 2011, Martín, Vanesa, Raúl, María e César / © Foto: Orquesta Alarma 2011

    Porque unha das orquestras máis bailongas da verbena vai cambiar de cantantes masculinos de cara á proxima temporada. A formación musical que fixo famosos éxitos como O Cabalo ou Baila con la Trébol presentará nova dianteira masculina a próxima temporada polo que os actuais cantantes Julman Flores e Álvaro Méndez causan baixa nunha das orquestras máis lonxevas de Galicia.

    Unha das novas caras para a TRÉBOL 2012 xa está confirmada; é Martín Carrión, un peso pesado da orquestra coruñesa ALARMA. Martín pasará a formar parte da dianteira da orquestra ferrolá con outra nova voz que aínda está por confirmar.

    Coñecido por ser vocalista durante varios anos na orquestra VERSALLES, formar parte de LOS SATÉLITES, pero sobre todo polas últimas temporadas de ALARMA (as tres formacións musicais coruñesas), Martín Carrión posúe unha voz moi persoal e unha modulación como poucos e agora ofrecerá o seu bo traballo desde o escenario da afamada orquestra ferrolá. Sen dúbida é unha moi boa fichaxe para seguir bailando coa  TRÉBOL.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook