Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Augardente e boa música en Vedra

    Vedra 2014 - Festa da augardente do Ulla en San Mamede de Ribadulla - cartel

    A Festa da Augardente da Ulla chega á súa 31 edición cun programa repleto de actos e música. En San Mamede de Ribadulla (Vedra) soará a música de verbena desde a tarde. A Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla e a charanga A Requinta da Laxeira ambiantarán a xornada de mañá-tarde antes de dar paso ás formacións musicais CHICAS SHOW, ACHÉ e PARÍS DE NOIA que ofrecerán os seus repertorios en sesión de tarde-noite, a partir das 16.30.

    Música moi de baile con CHICAS SHOW, a nova proposta de ACHÉ e o espectáculo de PARÍS DE NOIA poñerán o broche á festa da augardente, onde haberá, por suposto, queimada con conxuro. Unha xornada de festa por todo o alto.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook