Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Atréveste con Foliada 2014? Empeza a nova temporada

    Orquesta Foliada 2014 - cartel A orquestra coruñesa Foliada comeza nova temporada con algún cambio na formación e novo equipo de iluminación

    A orquestra coruñesa FOLIADA xa está desde esta pasada noite, en ruta. Unha das bandas verbeneiras máis senlleiras da zona, por onde pasaron algúns dos máis coñecidos músicos da verbena actual durante 33 anos de historia.

    E o capítulo 44 de FOLIADA comeza a escribirse xa, apostando por seguir medrando e presentando caras novas para esta temporada. Xa desde 2012 a orquestra presenta dúas voces femininas (novidade na formación musical) e Kirenia reapareceu para seguir ofrecendo o mellor da súa voz e baile, xunto a Melyssa Martínez, que asinaba a súa segunda temporada na orquestra. O plantel de músicos e cantantes aumenta e presenta algunha novidade como David Collada nas voces, xunto a Rubén García que xa é un veterano en FOLIADA. O plantel completo queda así:

    David Collada (voz)

    Melyssa Martínez (voz)

    Kirenia (voz)

    Raúl García (voz)

    Bruno (saxo e guitarras)

    Fran (baixo)

    Xosé (teclados)

    Kevin Traba (batería)

    Yeli Vázquez (saxo)

    Daniel Pazos (trombón)

    Raúl Ramos (trompetas)

    Nova iluminación led da orquestra Foliada para a temporada 2014

    Ademais, entre algunha outra sorpresa, a orquestra coruñesa presenta un novo equipo de iluminación e montaxe levado a cabo pola empresa Jac Iluminación, que reduce notablemente o consumo de electricidade ao tratarse de iluminación led na súa totalidade.

    Xa está todo preparado, Amoeiro (Meis) foi o pistoletazo de saída, a pasada noite, a unha nova temporada que non ha de pasar desapercibida. Atréveste?

    Fotografia da pasada temporada da orquestra Foliada nas festas do Burgo (Culleredo)

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook