Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Assia chegan a Galicia

    Grupo Assia 2011- 013 - Santa Cruz de Rivadulla (Vedra)Luismi, voz principal do grupo asturiano Assia / © Foto: roxegar 2011

    A aqueles que nos gusta a variedade das verbenas galegas estamos de sorte, o grupo asturiano ASSIA, considerado un dos mellores do momento, está esta noite en Galicia, concretamente en Palmeira (Ribeira) nas festas do San Xoán. A formación musical xa actuou en 2010 na mesma localidade, pero naquela ocasión nas festas do verán que se fan en agosto.

    Parece que ASSIA vai tocar máis por Galicia neste verán. Polo de pronto á parte de hoxe estarán o próximo luns nas festas de San Paio da Estrada. E alí tamén xa tocaron outras veces; vese que por onde van repiten.

    Repertorio moi elegante e completo, derroche de voces e rexistros (non hai máis que fixarse no teclista) e algúns temas que tocan só eles nas verbenas. Por iso están considerados como do melloriño da verbena actual. Hoxe por terras galegas...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook