Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Assia cerra a Festa do xamón na Cañiza

    A Cañiza 2012 - Feira do xamón - cartel Desde o pasado día 11 celébrase na localidade da Cañiza a 46 edición da Festa do xamón. Moitas foron as agrupacións verbeneiras que pasaron polo campo da festa para amenizar as catro xornadas festivas que hoxe, día central das festas do verán en gran maioría de lugares, chegan ao seu punto final coa actuación dos grupos SENSACIÓN 5 ESTRELLAS e ASSIA, desde Asturias.

    Felizmente o grupo asturiano asina cada vez máis datas en Galicia para goce daqueles que queremos, tamén, algo diferente no campo da festa.

    Pola localidade pasaron estes días outras formacións musicais, como a orquestra SUAVECITO, o grupo NEVADA, as novas BREIXA BAND e NAZARETH, ANACONDA ou o mítico grupo AMISTAD de Vigo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook