Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    As Quendas reviven a festa en Mondoñedo

    Mondoñedo 2011 - As Quendas - cartelCartel promocional dunha das festas máis antigas de Galicia, As Quendas de Mondoñedo

    Esta fin de semana celébrase unha das festas con máis sona da provincia de Lugo: AS QUENDAS de Mondoñedo. O comezo destas celebracións data do século XVI aínda que as máis antigas de Galicia son as festas grandes mindonienses, AS SAN LUCAS, que se fan no mes de outubro xusto a continuación do SAN FROILÁN lucense.

    AS QUENDAS forman parte dese grupo de festas que se foron perdendo e nos últimos anos se recuperaron para deleite dos veciños e visitantes. No programa destacan as verbenas con boas orquestras, a Festa da Empanada (o domingo día 1) e outras actividades como o tradicional concurso de gando, maxia, xogos populares e teatro.

    Con respecto a estes últimos anos hai un cambio de oficina de contratación de orquestras, polo que serán agrupacións de varias axencias as que actuarán en Mondoñedo. Grandes nomes todos eles, entre os que destaca a reaparición da orquestra ISMAEL ao lado de nomes moi consolidados da verbena galega.

    Unha boa escusa para achegarse estes días a Mondoñedo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook