Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    As Quendas, das festas máis vellas de Galicia

    Mondoñedo 2013 - As Quendas - cartelDurante toda a semana teñen lugar as festas das Quendas, en Mondoñedo, con dous días de verbenas

    Durante toda a semana celébranse unhas das festas con máis sona da provincia de Lugo: AS QUENDAS de Mondoñedo. O comezo destas celebracións data do século XVI aínda que as máis antigas de Galicia son as festas grandes mindonienses, AS SAN LUCAS, que se fan no mes de outubro xusto a continuación do SAN FROILÁN lucense.

    AS QUENDAS forman parte dese grupo de festas que se foron perdendo e nos últimos anos se recuperaron para deleite dos veciños e visitantes. No programa destacan aFesta da Empanada (o martes día 1) e outras actividades como o tradicional concurso de gando, degustación de carne de poldro, bandas de música, concentración de autocaravanas, teatro, xogos populares e, como non, as verbenas. Aínda que este ano as verbenas sofren un recorte importante e serán só dous días con música de orquestras, para o que se contará coas seguintes formacións musicais: PRINCIPAL e ISRAEL ESPECTÁCULO para a noite do martes; LOS PLAYER'S e LOS SATÉLITES para o mércores.

    Unha boa escusa para achegarse estes días a Mondoñedo.

    Para unha información máis concreta podes consultar o programa das festas na páxina web do concello: www.mondonedo.net

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook