Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    As Quendas, das festas máis antigas de Galicia

    Mondoñedo 2014 - As Quendas - cartel

    Durante esta longa fin de semana de ponte celébranse unhas das festas con máis sona da provincia de Lugo: AS QUENDAS de Mondoñedo. O comezo destas celebracións data do século XVI aínda que as máis antigas de Galicia son as festas grandes mindonienses, AS SAN LUCAS, que se fan no mes de outubro xusto a continuación do SAN FROILÁN lucense.

    AS QUENDAS forman parte dese grupo de festas que se foron perdendo e nos últimos anos se recuperaron para deleite dos veciños e visitantes. No programa destacan a Festa da Empanada (o xoves día 1) e outras actividades como o tradicional concurso de gando, degustación de carne de poldro, bandas de música, concentración de autocaravanas, teatro, xogos populares e, como non, as verbenas. Aínda que o pasado ano as verbenas sufrín un recorte importante e organizábanse só en dous días con dúas orquestras, polo menos este haberá verbena catro días, pero co mesmo número de orquestras, unha por día, e así actuarán:LOS SATÉLITES, TRÉBOL, PRINCIPAL e LOS PLAYER'S.

    Unha boa escusa para achegarse estes días a Mondoñedo.

    Para unha información máis concreta podes consultar o programa das festas na páxina web do concello: www.mondonedo.net

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook