Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    As Quendas; das festas máis antigas de Galicia

    mondonedo-as-quendas-2010-cartel

    E volta a empezar. Hai un ano abríamos a información en Festa a Festa co cartel das festas mindonienses. Porque esta fin de semana tamén se celebra unha das festas con máis sona da provincia de Lugo: AS QUENDAS de Mondoñedo. O comezo destas celebracións data do século XVI aínda que as máis antigas de Galicia son as festas grandes mindonienses, AS SAN LUCAS, que se fan no mes de outubro xusto a continuación do SAN FROILÁN lucense.

    AS QUENDAS forman parte dese grupo de festas que se foron perdendo e nos últimos anos se recuperaron para deleite dos veciños e visitantes. No programa destacan as verbenas con boas orquestras (TV NORDÉS, PARÍS DE NOIA, MILLENIUM, GALILEA, JERUSALÉN), a Festa da Empanada (o sábado día 1) e outras actividades como o tradicional concurso de gando, maxia, xogos populares e teatro.

    Unha boa escusa para achegarse estes días a Mondoñedo.

    Para unha información máis concreta podes consultar o programa das festas na páxina web do concello: www.mondonedo.net

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook