Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    As patronais de Baio, por todo o alto

    Zas 2011 - Festas de San Cristovo en Baio - cartelSeis grandes orquestras para as festas de San Cristovo, en Baio (Zas)

    A localidade de Baio, primeiro núcleo en importancia do concello de Zas, está inmersa nas súas festas patronais, as de maior entidade de todas cantas se celebran na vila. Durante tres días chegan a Baio os sons de grandes orquestras que poñerán a música a unha celebración considerada das principais dentro do concello.

    PARÍS DE NOIA e ALARMA son as dúas primeiras agrupacións musicais que traen (hoxe sábado) a música a Baio, mañá será a vez de PANORAMA e NUEVA GENERACIÓN, e o luns, xornada de luxo, que para iso é o día principal e propio do San Cristovo, con outras dúas grandes bandas: EL COMBO DOMINICANO e a orquestra rianxeira COSTA OESTE. Un gran cartel para unhas festas que rivalizan con outras que terán lugar a semana que vén no corazón do concello, o Carme de Zas, e onde NUEVA GENERACIÓN e PANORAMA repetirán de novo, aínda que en distintos días e acompañadas doutras formacións musicais.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook