Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    As últimas de Mondoñedo

    Mondoñedo 2011 - As San Lucas - cartelAs festas de Mondoñedo son das máis antigas de Galicia, tanto as San Lucas como as Quendas, no mes de maio

    O calendeiro festeiro comeza en Mondoñedo coas Quendas, as primeiras celebracións con verbena alá polo mes de abril empezando maio, e rematan coas San Lucas, que comezan hoxe sábado e traen de novo a festa e os bailes á localidade luguesa.

    Tanto unhas coma as outras son das celebracións máis antigas de Galicia. Os mindonienses poden presumir de seren os que máis saben de festas, e é que a tradición aquí pesa moito. A falta dunha son dúas as celebracións históricas que se levan a cabo na antiga cidade do Reino de Galicia. Ademais tamén son das primeiras e das últimas no calendario. As Quendas xusto despois da Pascua de Padrón, das primeiras, e as San Lucas xusto despois do San Froilán, das últimas.

    Once serán as agrupacións musicais que amenizarán estes días de festa e de despedida, ata o ano que vén (unha orquestra máis que o ano pasado). A axencia de espectáculos Lito desprega un potente cartel no que están algunhas das consideradas mellores agrupacións de Galicia. Orquestras e grupos, empezando por MASTER que abre as celebracións acompañado da orquestra TV NORDÉS, ALARMA e SINTONÍA DE VIGO (domingo),  TRIUNFO e PHILADELPHIA (luns), ABANICO e PALLADIUM (martes), o grupo SAMBA e a orquestra PANORAMA (ercores) e TEKILA para cerrar as festas o xoves.

    Tamén hai que destacar outra faceta das San Lucas, o Concurso Morfolóxico de Cabalos (día 16) e a tradicional Feira de Gando (día 18) entre outros actos que levarán durante seis días a festa a Mondoñedo. Para ir despedindo a edición ata As Quendas de 2012.

    E como di o refrán: outono outounán, mes das San Lucas e do San Froilán. Boa festa!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook