Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    As Flores e o Autocross poñen Arteixo no punto de mira

    Arteixo 2011 - Festa das Flores - cartelOrquestras da axencia Sito Mariño de Arzúa amenizarán as Festas das Flores 2011 en Arteixo

    Esta fin de semana celébrase a Festa das Flores nalgunhas localidades galegas, entre elas Arteixo. Publicamos toda a información tirada da páxina web do Concello.

    ____________________________

    A derradeira semana de maio non deixará indiferente a ninguén en Arteixo, algo do que se encargarán encantados a Festa das Flores, e o Autocross, dúas citas ineludibles, que completan unha axenda na que non faltan alternativas de ocio para todos os gustos. A disfrutar do lecer en Arteixo!!

    Arteixo celebra a súa tradicional Festa das Flores, con tres días de troula e música que encherán a parroquia de Arteixo de oportunidades de ocio.

    Grandes orquestras, djs convidades, festa gastronómica e moito ambiente para a última fin de semana do mes de maio.

    VENRES, 27 DE MAIO:

    • 20:00 horas, Praza do Balneario: Circuitos Culturais Primavera Arteixoven con El Arrabal, Ekans, Eneka, Doble T, LGV, KNP e LA 142. A partires das 01.00 horas, Djs Frances Lerouge, Amper, González, Arxen e Cuko.
    • 20:30 horas, Auditorio do Centro Cívico de Arteixo: “0.7% Molotov” , de Teatro de Ningures. Obra gañadora do XIV Certame Rafael Dieste de Teatro da Deputación da Coruña.
    • 23:00 horas, Campo da Festa: Verbena da Festa das Flores coa Orquestra LOS SATÉLITES
    SÁBADO, 28 DE MAIO:
    • 10:00 horas, Campo da Festa: Feira de Arteixo , unha cita tradicional na que se poden atopar alimentación, decoración, textil...
    • 12:00 horas, Circuito J. Ramón Losada, Morás : LXV Campionato Galego de Autocross [1]
    • 14:00 horas, Praza do Balneario: Sesión Vermú e Festa dos Callos dentro da Festa das Flores
    • 14:00 horas, Pazo dos Deportes: Xantar dos Maiores dentro da Festa das Flores
    • 23:00 horas, Campo da Festa: Verbena Popular da Festa das Flores coa orquestra AMÉRICA SL
    • 23:00 horas, Praza do Balneario: Djs Session da Festa das Flores
    DOMINGO, 29 DE MAIO:
    • 12:00 horas Praza do Balneario: Procesión e actuación da Banda de Música Santiago de Arteixo na Festa das Flores
    • 14:00 horas, Campo da Festa: Sesión Vermú con D Tacón
    • 23:00 horas, Campo da Festa: Verbena Popular con D'TACÓN

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook