Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    As festas máis esperadas da área metropolitana coruñesa: O Burgo 2011

    Culleredo 2011 - Festas do Burgo - cartelDurante seis días a localidade do Burgo (Culleredo - A Coruña) vístese de festa; as máis importantes da área metropolitana coruñesa

    Grandes en todos os sentidos, mañá comezan as festas do Burgo 2011 (Culleredo). Unha das celebracións festeiras máis importantes da área metropolitana coruñesa. E dicimos grandes por moitos motivos: grandes son as orquestras que acoden cada ano a amenizar as verbenas, grande é o recinto de atraccións asentado no paseo marítimo do Burgo e grandes son os seus fogos artificiais o último día de festas (mércores 27).

    Durante seis días no Burgo vaise montar unha boa festa. Parece que se manterán os cambios pequenos pero apreciables que se levaron a cabo o ano pasado: o lugar das verbenas cambia timidamente de sitio e pasa do paseo marítimo a uns metros máis arriba, onde se instalaban os anos anteriores algunhas das atraccións de maior envergadura. Supoñemos que entre outras razóns estará o feito de que o escenario da orquestra PANORAMA non cabería na anterior situación e esta nova é máis cómoda, en pleno parque do paseo.

    viking-show-festas-o-burgo-20081Unha das atraccións habituais nas festas do Burgo

    As atraccións que se instalaban no lugar que agora ocuparán as orquestras pasan para a avenida Xoán Carlos I, no lateral da Cros, sen ocupar a calzada. E os postos de venda que ocupaban este espazo pasan para o paseo marítimo, onde tiñan lugar as verbenas. Parece que con estes cambios se gaña en espazo para as verbenas sen restar número ás atraccións. En canto a estas, das de maiores hai menos número que outros anos: Saltamontes, barco pirata, Viking Show (unha plataforma voadora que eleva e pon boca abaixo ao público),  que xira a roda onde vai sentada a xente), Jumanji (que deixa as festas de Arteixo para instalarse no Burgo), autos de choque,  e un sinfín de atraccións para os máis pequenos como o tren da bruxa, camas elásticas, scalextric, carrusel, pista americana, búfalo infantil, circuíto, etc… Como vén sendo habitual, o do Burgo é o recinto de atraccións máis importante da área metropolitana coruñesa.

    E en canto ás orquestras, ARMONÍA SHOW será a encargada de abrir as celebracións e a orquestra PANORAMA de cerralas -igual que o fixera o ano pasado congregando a milleiros de persoas- o mércores (día da gran churrascada). Ata ese día pasarán polas festas de Santiago Apóstolo ACHÉ (sábado), FANIA BLANCO SHOW (orquestra que repite do ano pasado), CINEMA (luns) e EL COMBO DOMINICANO (martes).

    E se a marea o permite, os fogos artificiais do martes serán tamén acuáticos. O espectáculo pirotécnico do Burgo congrega a milleiros de persoas cada ano e poñen o punto final ás celebracións. Despois dos fogos artificiais soará a música de PANORAMA, no seu segundo pase antes de que as atraccións de feira e as casetas se poñan a desmontar para coller ruta cara a novos destinos; Cambados e Ribeira estarán agardando polos “cacharriños” para celebrar as Festas do Albariño e as Festas do Verán respectivamente.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook