Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    As festas de Goente olen a despedida

    As Pontes 2011 - Festas do Rosario en Goente - cartelAgora si que imos a pasos axigantados cara a fin da temporada 2011. Moitas son as orquestras que a próxima fin de semana din adeus a unha edición marcada pola crise máis do que quixéramos. Moitas festas quedaron no baúl á espera de tempos mellores, moitas destas celebracións xa nunca máis se volverán celebrar; outras resisten con recortes en días ou en número de orquestras e algunhas, as menos apenas notan estes malos tempos para a verbena.

    E algunhas das orquestras que están a facer as últimas datas da temporada poderémolas ver en Goente (As Pontes) FOLIADA e MARBELLA actuarán o venres. Á orquestra coruñesa quédanlle moi poucas datas, á pontevedresa apenas esta e outra o día seguinte no concello coruñés de Vilarmaior para botar a chave ata 2012, edición na que chegará renovada para seguir ofrecendo un dos mellores e máis completos repertorios.

    PANAMÁ e OLYMPUS actuarán o sábado. Pouco lles queda tamén a estas dúas formacións musicais, apenas unhas poucas datas á PANAMÁ e un par de semanas á de Negreira. Esta última tamén traerá importantes novidades en canto a espectáculo (como cada edición) e compoñentes.

    Aínda haberá outro día máis de festa en Goente, cunha orquestra que actuará para despedir as festas ata a próxima temporada. Moita despedida en Goente...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook