Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    As festas anticrise de Golmar

    a-laracha-golmar-2010-festas-cartel

    Falando de festas, os de Golmar son pioneiros en moitas cousas. Unha delas, ser os artífices da creación da primeira federación de comisións de festas en Galicia, para unir esforzos, buscar iniciativas e mellorar a organización das festas; e máis nestes tempos de crise.

    Despois da Gran Esmorga, que se levou a cabo hai uns meses na parroquia larachesa, Golmar volve á carga cunha nova edición das súas festas anuais. Recoñecen os organizadores que hai recorte, como en case todos os lugares, mais non por iso deixa de ser unha festa moi atractiva, con música de boas orquestras e grupos e iniciativas como unha gran churrascada o primeiro día de celebración a 5 € por persoa que se converterá en gratuíta a partir das 3 da mañá. Os prezos anticrise a partir desa hora nos cubatas é tamén un bo reclamo para acudir ás festas.

    Catro días de boa música de man das orquestras PENTAGRAMA, RITMO JOVEN e SOLARA as tres primeiras xornadas, acompañadas todas elas dunha sesión de música discotequeira.

    O broche final, o martes 13, será a cargo do grupo ARAMIO e da orquestra LOS SATÉLITES. Case todas as formacións musicais repiten en Golmar, ben por teren acudido noutras edicións ou por formar parte do cartel da Gran Esmorga.

    En Golmar saben como facer boa festa...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook