Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Arranca oficialmente a xira De tú a tú, da orquestra Jerusalén

    Jerusalén 2011 - orquesta - cartel

    Novo cartel da orquestra Jerusalén. Hoxe presenta a xira De tú a tú

    Hoxe é un día de novidades importantes para a orquestra JERUSALÉN. Arranca oficialmente a nova xira 2011, De tú a tú.

    A orquestra actúa esta noite nas festas de Vilaselán, en Ribadeo, e será aquí onde se presenten as novidades do novo tour. Repertorio e montaxe preparados para ofrecer outra nova temporada cargada de música e de novidades co selo JERUSALÉN. Coma sempre, haberá arranxos e propostas da propia orquestra tal como nos teñen acostumados.

    Pero non estarán sós os da JERU, a orquestra PANORAMA e o cantante CHERITO (co seu éxito El Pedazo)estarán na festa ribadense. Será unha noite chea de música e de espectáculo centrado especialmente en coñecer o novo da orquestra JERUSALÉN.

    Despois de CAMINANDO, chega agora a nova proposta de JERUSALÉN, DE TÚ A TÚ, en Vilaselán (Ribadeo) a partir das 21.30 horas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook