Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Arranca o Magic Tour 2012 da orquestra Panorama

    ORQUESTA panorama 2011 - Abanqueiro (Boiro) - 001En horas o novo espectáculo da orquestra PANORAMA, titulado MAGIC TOUR 2012, la gira del Sol, cobrará vida na II Festa da Xuventude de Escarabote (Boiro). Unha proposta que promete ser orixinal e espectacular, como en cada edición, pois PANORAMA é unha desas orquestras que non deixa ao público indiferente e que pretende innovar, sorprender e por suposto, divertir.

    Novo repertorio adaptado a todos os públicos, novos arranxos musicais, espectáculo de luz e son único e nova e orixinal montaxe por parte dos 13 membros xa coñecidos (músicos e cantantes) e a incorporación dun trapecista para o espectáculo; todo isto posible grazas ao traballo de 26 persoas entre músicos e técnicos de montaxe, luz e son.

    Top secret en canto aos detalles que conformarán a nova temporada; só unhas fotos do escenario a medio montar e dos novos equipos de iluminación e moita espectativa desde abaixo do palco. Escarabote é a primeira de moitas datas ata o mes de decembro. O sábado estarán en Asturias, domingo e luns por terras ourensás, pasarán en breve pola Festa das Uñas en Santiago e volverán a Boiro para amenizar a Festa da Xuventude de Abanqueiro acompañados doutras dúas grandes orquestras. A banda tamén pasará nas próximas semanas pola Festa da Xuventude de Balaídos ou a Pascua de Padrón e así ata percorrer case todas as datas importantes do calendario festeiro. En poucas horas poderemos ver e gozar da nova xira dunha das orquestras máis mediáticas de Galicia.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook