Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Arranca en Sigüeiro a XV Festa da Troita

    festa da troita 1Cartel promocional da XV Festa da Troita

    Comeza hoxe a XV edición da Festa da Troita en Sigüeiro (Oroso). Un programa cheo de actividades e música para os tres días da fin de semana. A continuación publicamos información (novidades incluídas) tirada da páxina web do Concello.

    A feira inclúe como novidades este ano a presenza dun obradoiro de chocolate e un posto de fotografía minuteira

    http://www.concellooroso.com/images/fotos/cultura20110503.jpg

    O Concello de Oroso ultima os detalles da súa gran festa: a décimo quinta edición da Festa da Troita, que terá lugar en Sigüeiro os días 6, 7 e 8 de maio. Unha festa declarada de interese turístico e que este ano acollerá a segunda edición da Feira da Artesanía e dos Oficios, que reunirá a unha vintena de artesáns chegados de toda Galicia.

    O coordinador da Festa da Troita, Antonio Leira, explica que “a día de hoxe temos confirmada a participación de dezaseis artesáns, que estarán traballando en Sigüeiro e á vista de todos os visitantes durante toda a fin de semana” e sinala que “aínda estamos a pechar algunhas incorporacións máis, polo que agardamos que nesta segunda edición da Feira da Artesanía e dos Oficios participen unha vintena de artesáns chegados de toda Galicia”.

    Expertos artesáns na arte da ourivería, da cantería, da encadernación, da litografía e da talla de madeira terán os seus postos en Sigüeiro os días 7 e 8 de maio, no contorno da praza Isaac Díaz Pardo e a carón da alameda de Góis e do paseo fluvial do río Carboeiro. Tamén asistirán un ferreiro, un pintor, un artesán do vidro e outro do coiro que “estarán facendo as súas obras en vivo diante dos milleiros de persoas que nos visitan, vendéndoas e incluso facilitando a participación da xente”, explica Leira Piñeiro.

    Chocolate e fotografía

    As grandes novidades deste ano serán a presenza dun artesán do chocolate, cuxo obradoiro a bo seguro que terá especial éxito entre os máis pequenos, e un posto de fotografía minuteira, un oficio case extinguido no que os visitantes viaxarán ata finais do século XIX e vivirán a experiencia de ser fotografados coas mesmas técnicas e procedementos que os seus avós. Así, aqueles que se acheguen por Sigüeiro poderán coñecer os misterios que se agachaban nos laboratorios desa época e ver os materiais e a maquinaria que se utilizaba, moi afastadas das modernas cámaras dixitais.

    O coordinador da Festa da Troita lembra que “o noso obxectivo é axudar a recuperar estes oficios, achegalos aos milleiros de persoas que visitan Sigüeiro neses días de festa e ofrecerlles a estes artistas un excepcional escaparate para vender os seus produtos”.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook