Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Arranca a xira de Costa Dorada 2013

    Orquesta Costa Dorada 2013 - Promo CDNovo cartel promocional e en breve CD da orquestra Costa Dorada. Traballo editado pola empresa de márqueting Vanog Music

    Unha das orquestras de baile que máis destaca no catálogo de Lugonorte de Espectáculos é, sen dúbida, COSTA DORADA. A formación musical arranca coa súa nova xira cargada de baile e diversión, e algunhas novidades. Só unha semana antes do gran festival de orquestras da axencia, que terá lugar en Lugo e que xa é todo un acontecemento verbeneiro, e no que por suposto non podía faltar COSTA DORADA (que actuará o venres), a banda ofrece xa a que é a súa primeira actuación en terras de Lugo. En Ousá, Friol, lugar famoso polo seu pan (hai unha festa de exaltación todos os anos do pan e o mel de Ousá), esta noite de domingo de Pascua teñen o pracer de gozar coa música e o baile da orquestra COSTA DORADA.

    Pero ademais, e aquí vai a primeira novidade da temporada, a formación musical está a piques de editar un CD con 12 temas e popurrís para poder levar a música da orquestra connosco. Baila conmigo é o título do traballo discográfico editado coidadosamente por Music Vanog e que será un bo compendio do estilo musical da orquestra de baile.

    Arranca xa unha nova temporada da banda, que a levará por moitos lugares de Galicia durante todo o ano. Moita música e baile de parte dunha das orquestras especialistas no estilo verbeneiro. Queres bailar con eles?

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook