Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Arranca a xira Acherízate 2011

    Festeir@s - 2010- 00048 - Parada (Ordes)

    Seguidores da orquestra Aché na presentación da xira 2010 Celebra la vida, en Parada, Ordes. Hoxe en Leira, no mesmo concello, preséntase a nova xira Acherízate

    Moitos temos os ollos postos en ACHÉ e estamos espectantes ante as novidades da nova xira que hoxe comezou a orquestra de Vilanova de Arousa. A cita, en Leira (Ordes) na Festa da Xente Nova, acompañada doutra orquestra que acaba de presentar, tamén, a súa xira Aún más grande; falamos de OLYMPUS, casualmente a mesma orquestra coa que se presentou a pasada xira tamén en Ordes, aínda que en distinta parroquia.

    E dicimos que estamos atentos a ACHÉ porque esta orquestra o ten difícil para superar a edición pasada, a da xira Celebra la vida, e non porque creamos que o resultado deste ano vaia ser peor, senón porque é moi difícil superar as cifras de éxito de 2010. Aínda así sabemos que, polo menos as han de igualar.

    A nova proposta dos ACHÉ chámase Acherízate, e trae algunhas novidades no escenario e na posta en escena, pero, sobre todo, será no repertorio onde atoparemos máis sorpresas, sen dúbida. E é que os compoñentes de ACHÉ son capaces, como moi poucas outras formacións, de conxugar perfectamente un repertorio bailable, para todos os gustos, cañeiro, e variado de maneira que todo o mundo quede contento.

    A partir de hoxe comeza a nova xira Acherízate, da que esperamos poder ofrecer pronto vídeos e fotografías que hoxe, debido a obrigas laborais, non se puideron levar a cabo.

    Xa está aquí a nova ACHÉ 2011 disposta a arrasar de novo... ACHERÍZATE!

    ___________________________________________________________

    Sigue a xira ACHERÍZATE, aquí tes as datas de maio:

    orquesta-ache-2011-datas-maio

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook