Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Armonía Show cerra as festas de María Pita na Coruña

    Orquesta Armonía Show 2012 - cartel A orquestra canaria Armonía Show é a encargada de cerrar a romaría do parque de Santa Margarita e unha das últimas actividades de María Pita 2012, na Coruña

    A orquestra ARMONÍA SHOW será a encargada da verbena no parque de Santa Margarita. A cita coa romaría no parque coruñés serve, tamén, para poñer o punto final ás festas de María Pita 2012.

    Nesta ocasión ao concurso de empanadas, verbena, fogos artificias e demais actividades populares sumóuselles unha batería de festivais rock e música electrónica no auditorio de Santa Margarita que esperemos teñan continuidade. Hoxe de novo o auditorio ao aire libre volverase encher para escoitar a música da orquestra canaria. As festas María Pita 2012 chegan ao seu final nun intento de reflotar as celebracións ante a crítica de moitos colectivos e da oposición municipal por gastar un millón de euros en tempos de crise. O goberno defendeuse dicindo que investindo en festas é tamén un xeito de dinamizar a economía e de atraer xente á cidade.

    Sen querermos entrar en polémicas, o certo é que estas festas foron máis atractivas que as de anos anteriores e con maior participación cidadá; pero tamén cremos que a cousa non é gastar máis cartos, senón organizar con cabeza as actividades que poidan ser máis atractivas para a veciñanza. Non por gastar máis cartos públicos necesariamente as festas son mellores.

    De todas formas si houbo un recorte no apartado de orquestras, pois algunhas citas xa fixas nos últimos anos como a verbena do día da batalla naval este ano foi substituída por grupos pop de renome sen acadar maior participación de xente que, por exemplo, a verbena do ano pasado con dúas orquestras que chegou a rexistrar 80.000 persoas no Paseo Marítimo.

    Como todos os anos, as festas de María Pita acaban coa satisfacción dos organizadores e a crítica do bando oposto. É que hai cousas que non cambian nunca...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook