Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Junio
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Aparatoso accidente dun tráiler de Olympus

    Se hai aproximadamente un mes era a orquestra MIRAMAR a que sufría un aparatoso accidente sen graves consecuencias para as persoas, hoxe tócalle á OLYMPUS de Negreira. As fotos impresionan porque o tráiler afectado, concretamente o do escenario, quedou suspendido sobre un talude da autovía Santiago-Brión, á altura da rotonda de Bertamiráns, en Ames.

    Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais; a única persoa ocupante da cabina, o chófer, saíu ileso do percance. Aínda que as fotografías son impresionantes, desde a dirección confían en que os danos sexan menos do que poida parecer aínda que xa se sabe que vai haber elementos danados.

    A orquestra tiña unha actuación esta fin de semana en Asturias e o próximo luns no San Xoán de Tui, descoñecemos aínda cal vai ser a decisión por parte da dirección da orquestra, informaremos en canto saibamos algo.

    Desde Festa a Festa moita forza e ánimo aos compoñentes de OLYMPUS e a seguir coa xira 2014, Ahora tú!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook