Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Febrero
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Androlla, grelos e queixo o domingo de Entroido

    As Pontes 2013 - Feira do grelo - cartelComo cada domingo de Entroido, nas Pontes celébrase a Feira do Grelo con xantar popular onde non faltarán o cocido nin as orellas

    A cita destacada do domingo de Entroido convértese tamén na ocasión de promocionar tres produtos estrela en Galicia. A androlla en Viana do Bolo ou Navia de Suarna, os grelos nas Pontes e o queixo en Abegondo. En cada un dos lugares hoxe promociónase con diversos actos lúdicos e festivos tres produtos destacados da nosa gastronomía. Ademais, como non podía ser doutro xeito, cocido, filloas e orellas fan acto de presenza como na práctica totalidade da nosa xeografía, mesturados entre disfraces, entroidos ou peliqueiros e cigarróns.

    Hoxe é, quizais, o día máis festeiro do inverno. Non o desaproveites!

    Navia de Suarna 2013 - XXIII Festa da Androlla - cartelEn lugares como Viana do Bolo ou Navia de Suarna a androlla ten tamén a súa exaltación gastronómica

    Abegondo - Feira do Queixo - cartelE de sobremesa un bo queixo de Abegondo non estará nada mal

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook